viernes, 5 de agosto de 2011

Dani Conde ya no viene y actividad para el fin de semana.


Comentaban en el espacio de deportes que la SER - Radio Galicia tiene durante los meses de verano, que el jugador del Boiro, Dani Conde, ya no vendrá al compos. Recordemos que a este chaval le habían dado la carta de libertad en el club Boirense, pero que no la presentó en la Federacion Galega de Futbol, por lo que no ha dejado de pertenecer al Boiro, y la esedé, va a tenr que buscar otro lateral. En otro orden de cosas, la esedé emite la siguiente nota de prensa, sobre la actividad competitiva del fin de semana.

A SD Compostela participa no torneo Cuadrangular da Piedade

  • O encontro amistoso terá lugar o domingo, 7 de agosto, ás 18:00 horas en Vila de Cruces

  • Os xuvenís disputan este sábado o trofeo Portonovo Cup

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2011.- A SD Compostela continúa a súa posta a punta de cara ao comezo da nova tempada. A próxima cita do conxunto branquiazul será este domingo, 7 de agosto, en Vila de Cruces, onde disputará o torneo Cuadrangular da Piedade. Os santiagueses, dirixidos polo técnico Anxo Casaldarrey, terán que enfrontarse no campo municipal de O Camballón ao CF Santiago de Compostela, ao Estudiantil (1ª Rexional) e ao Piloño (2ª Rexional).

Doutra banda, este sábado o equipo xuvenil do Compostela xogará o I Torneo Internacional de Juveniles Portonovo Cup. A iniciativa deportiva, organizada polo Concello de Sanxenxo e a SD Portonovo, permitirá a conxuntos das categorías xuvenís de Galicia, Madrid e Portugal, que integran os dous grupos elixidos a sorteo, xogar todos contra todos. Os encontros do primeiro grupo de equipos celebrarase no campo municipal de O Revel, en Vilalonga, e está formado polos equipos Pontevedra CF, Arosa SC, Sporting Estrada e a SD Compostela. Pola súa parte, o campo municipal de Baltar de arriba será o lugar onde se celebren os partidos clasificatorios para o segundo grupo, que integran o Portonovo SD, Rayo Vallecano, RC Deportivo Coruña e Vitoria de Guimaraes. Os equipos que cheguen a ser os primeiros do grupo realizarán dúas semifinais no campo de Baltar, ás 17.00 e 17.45 horas, respectivamente, e os gañadores participarán na gran final a partir das 19.30 horas.


No hay comentarios: