martes, 7 de octubre de 2014

La encuesta sobre el horario de los partidos. Resultado : Combate Nulo.

El Club pone en conocimiento de sus aficionados los resultados de la encuesta que llevó a cabo con motivo de conocer que horario le venia mejor a sus abonados y simpatizantes.
Los resultado, en este copy-paste de la información proporcionada hoy por la mañana por la esedé:
  • existen tres grandes grupos, de similares dimensións:
    • un 38% dos abonados prefiren os partidos en domingo, porque os sábados é imposible para eles asistir ós partidos,
    • un 32% dos abonados prefiren os partidos en sábado, porque os domingos non poden asistir ós partidos,
    • un 27% dos abonados que poden asistir tanto sábados coma domingos, e que se poden adaptar ás dúas datas (algúns mostraron preferencias polos sábados e outros polos domingos, pero en todo caso poden asistir ós partidos que é o importante),
    • nota: existe tamén un 3% de afeccionados que están lonxe de Santiago, e que non poden asistir en ningún caso
  • os principais motivos dos abonados que prefiren que os partidos sexan os domingos son os seguintes:
    • moitos afeccionados do Compos participan na liga de veteranos de Santiago, que xogan os seus partidos en sábado,
    • moitos siareiros participan tamén en competicións de fútbol base (por ser pais de nenos que xogan, ou adestradores), nas que a maioría dos partidos se disputan en sábado,
    • unha gran cantidade de abonados traballa os sábados, ou ben en xornada completa (polo que lles é absolutamente imposible asistir ó partido un sábado pola tarde) ou ben en xornada de mañá, pero que só dispoñen das tardes do sábado para facer as súas compras da semana,
    • unha parte dos nosos abonados son tamén abonados do Obradoiro, que disputa os seus partidos os sábados pola tarde ou os domingos polas mañás, e cando coinciden os encontros do sábado cos do Compos non poden asistir ós dous partidos,
    • hai tamén afeccionados que os sábados non están en Santiago por motivos familiares, pero que sí poden adiantar o seu regreso os domingos se xoga o Compos para estar en San Lázaro.
  • os principais motivos dos abonados que prefiren que os partidos sexan os sábados son os seguintes:
    • hai un gran número de xogadores, adestradores, e familiares de xogadores que participan no partidos de categorías rexionais, terceira división, etc. e que non poden compatibilizar estes partidos con asistir a San Lázaro os domingos pola tarde,
    • algúns siareiros comentan que non poden asistir os domingos pola tarde debido ós seus compromisos familiares, comidas e sobremesa coa familia, etc. e que por iso prefiren os sábados,
    • tamén hai un pequeno grupo de afeccionados que viven lonxe de Santiago, para os cales só é viable achegarse a Santiago se os partidos se xogan en sábado, dado que así poden facer a súa viaxe de retorno en domingo,
    • nota: para as afeccións visitantes tamén é máis fácil programar a súa viaxe a Santiago se os partidos se xogan en sábado...
O tamaño destes tres grupos é tan parello que desde o clube non queremos favorecer únicamente a un colectivo, deixando de lado a outros e perxudicando desde modo a unha parte importante da nosa masa social. Así que a decisión que tomamos para a presente tempada é a de alternar os partidos como local da SD Compostela en San Lázaro entre domingos e sábados, de modo que ó final de temporada teñamos xogado de 8 a 11 partidos de liga regular en domingo, e outros 8 a 11 partidos en sábado.
De todos modos, é importante deixar claro pola nosa parte que, en moitas ocasións, non temos a liberdade de elixir nós os horarios, senón que veñen impostos polas obrigacións contraídas no noso contrato coa Televisión de Galicia, que é quen fixa o horario dos partidos cando son televisados. No que vai da presente tempada 14/15, os horarios dos partidos contra Burgos, Guijuelo, UD Logroñés e Celta B foron fixados pola TVG, xa que todos eles foron retransmitidos en directo…

En todo caso, o noso compromiso é o de ir compensando os horarios dos partidos para que se cumpra este principio de alternancia entre sábados e domingos, de modo que todos poidades ter as mesmas oportunidades de asistir ós partidos de San Lázaro. Outro aspecto que imos ter en conta nas ocasións nas que teñamos a oportunidade de fixar nós os horarios, é o de non coincidir no posible con partidos do Obradoiro, Santiago FutSal, Real Madrid, Barcelona, Celta ou Deportivo, pois esta é outra das suxestións que nos fixestes moitos siareiros a través do correo electrónico.

1 comentario:

Chico Percebe dijo...

Muy interesante, y sabia decisión del club.